II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca en Pías
Algunhas das tortillas presentadas no I Concurso de 2015

A tradicional Feira de San Gregorio de Pías (O Rosal) celebrará o sábado 12 de marzo, tras a boa acollida do pasado ano, o II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca. Este peculiar evento terá lugar novamente diante da carpa que estará instalada fronte á cantina da Comisión.

A inscrición é gratuíta e libre, para quen queira participar (a tortilla, xa feita, hai que presentala no momento do concurso, ás 17:00 horas). Haberá dúas modalidades: tradicional e innovación.

Para máis información podedes contactar con Sergio “Diser”, da Comisión de Festas, no teléfono 606 837 304.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.