Iago pousando co XIX Trofeo Concello do Rosal. (Foto: J.R.)

O club de balonmán Acanor Atlético Novás recibe este sábado 7 de outubro en O Rosal (19:00 horas) ao Godoy Maceira Porriño en partido correspondente á 4ª xornada de Liga da Primeira Nacional.

Analizamos este comezo da tempada 2017/18 cun dos “pesos pesados” da plantilla, o rosaleiro Iago Flores, máximo artilleiro do equipo no pasado curso con 132 goles.

O pivote da vila, tras 3 partidos disputados e o Novás como líder recoñece que “as sensacións son boas, pero nesta liga non te podes relaxar nin un segundo porque calquera equipo te pode dar un susto“.

Iago, apoiando a “Macrocesta” máis grande de Galicia do Val Rosal Trintiña

Iago Flores é o cuarto máximo anotador do Novás na presente campaña con 10 goles. O ‘capi’ Manu Martínez lidera a clasificación con 21 tantos, situándose no Top 5 de goleadores do Grupo A

Semana a semana estamos traballando moi ben da man de Isma e Jimy e correxindo erros, queda moita liga e temos que seguir nesta liña“, afirma o canteirán rosaleiro.

Igualmente lembra que “o de ser líder quere dicir que estamos traballando ben, pero nós non miramos a táboa polo de agora, só temos a vista posta cada fin de semana no rival ao que temos que enfrontarnos, non pensamos máis alá“.

Ante a pregunta “¿que espera Iago Flores de Iago Flores esta tempada 2017/18?”, o noso entrevistado teno claro: “pois espero o que levo facendo estes últimos anos, seguir traballando, mellorando e axudar ao equipo en todo o que poida“. 

Iago admite que “o ano pasado foi un moi bo ano persoalmente e un sempre espera superarse” e non se esquece da incondicional afección do Novás: “Só podo dicir que estamos traballando cada semana para esa xente que cada finde saca tempo para vir a apoiarnos, sexa na casa ou sexa fóra“. 

Dende Noticias O Rosal, o noso agradecemento a Iago Flores por esta pequena entrevista, que finaliza desta maneira: “Merecen mención especial os compoñentes da Peña Os Jomas polo traballo realizado durante todo o verán e que seguen facendo para que tanto a Peña como o club creza. Como soemos dicir os da “Jalleira” ¡ser do Rosal é o mellor que hai!” 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.