O barrio de Martín (xuradía de Fornelos) celebrará os vindeiros 23 e 24 de xuño as tradicionais Festas na honra de San Xoán.

Así, o sábado 23 terá lugar unha “Gran Sardiñada”, amenizada pola Charanga Nova Cubana. A partir das 0:00 horas, “Gran Fogueira de San Xoán”, con verbena a cargo do Trío Adredde.
