Gran expectación a que está xerando na zona o cartelazo que vén de anunciar a Comisión de Festas de San Xosé Obreiro 2017. Uns festexos que se celebrarán en Novás (O Rosal) os días 29 e 30 de abril e 1 de maio. 

Para abrir boca, o sábado 29 de abril, a partir das 23:00 horas, “Noite de Djs”, coa actuación en cabina de Adrián Mesu, Diego Mei, Beto Morgado e Kris Nouk.

A activa Comisión de Festas de Novás lembra que haberá cantina a prezos populares, con degustación de rosca.

Xa o domingo 30 de abril, ás 22:00 horas, comezará a verbena, a cargo do grupo Nostalgias e a orquestra Olympus, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

Para rematar, o luns 1 de maio, ás 11:30 horas, a tradicional Baixada do Santo en procesión ata a Praza de Novás, acompañada do grupo de gaitas Virxe do AlivioÁs 12.00 horas, misa de campaña na honra de San Xosé, cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

A partir das 17:30 horas, de novo actuación do grupo de baile e gaitas Virxe do Alivio. De seguido, actuación do humorista SomozaA continuación, subasta de produtos típicos.

Durante a tarde, grazas á Comisión de Festas, haberá tamén obradoiros de pintacaras e globoflexia. O recinto estará cuberto cunha carpa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.