Gabriel Marcelli Carballido Sigüenza
Fotografía: Joan Carles Vázquez

O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido (Montesa-Club Motociclista Teo) vén de conseguir en TR2 un fantástico 2º posto en Sigüenza (Guadalajara), nunha nova proba valedeira para o Campionato de España de TrialO vencedor foi Marc Riba, acompañándoos no podium Samuel Obrado García (3º). Na clasificación xeral o campión do Rosal está situado no 3º lugar, a 6 puntos do segundo e a 12 do líder, Riba.

Gabriel Marcelli Campionato de España de Trial

Segundo declaracións de Gabri este foi un resultado “tan bueno como necesitado para todo el equipo”, confesando que a carreira estivo “complicada, con zonas muy largas y buenos cortados. Un trial que nos deja con buen sabor de boca y mucho ánimo para continuar afrontando lo que resta de temporada y seguir aprendiendo. Muchas gracias a todos los aficionados y amigos que una vez más me mostraron todo su apoyo y cariño”.

A seguinte cita para Gabriel Marcelli será este domingo 22 de maio en Culleredo (A Coruña) no Campionato Galego. Xa o sábado 25 de xuño disputará na localidade leonesa de Pobladura de las Regueras outra proba do Campionato de España.

¡Noraboa e moita sorte, Gabri!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.