Clasificación Gabriel Marcelli O Rosal

A primeira experiencia mundialista de Gabriel Marcelli Carballido (Honda-Montesa) saldouse cun fantástico 8º e cun 15º posto no Gran Premio de Italia, última proba valedeira para o FIM TRIAL WORLD CUP 2016, celebrada esta fin de semana (3 e 4 de setembro) en Valchiampo (Vicenza).

O piloto do Rosal remata desta maneira no 14º lugar da clasificación xeral do Campionato do Mundo de Trial2, que tivo como vencedor final ao británico Jack Price (Gas Gas).

¡Noraboa Gabri e agora a facer un bo papel no Campionato de España. Moita sorte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.