Gabriel Marcelli. Foto Joan Valls web
Gabri, en acción, baixo a atenta mirada do seu mochilero, Casimiro García. (Foto: Joan Valls)

O piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido debutará por fin en TR2, na primeira proba do Mundial de Trial, que se disputa os días 9 e 10 de abril en Cal Rosal (Barcelona).

Gabriel Marcelli Mundial

O noso veciño comeza hoxe mesmo e ata o sábado a súa preparación en Teo (A Coruña), para xa a partir da semana que vén, iniciar unha “master class” e os adestramentos co seu compañeiro de Montesa, o 19 veces campión do Mundo, Toni Bou, para acostumarse ao novo sistema do Mundial, o “non-stop”, que penaliza ao piloto que deixa de avanzar

Mundial España

¡Dende Noticias O Rosal, os nosos mellores desexos e que teñas moita sorte, Gabri, nesta túa primeira cita mundialista. O que importa é que collas experiencia e disfrutes co teu deporte favorito. Logo, xa se verá, pero iso si, non o esquezas… ánimo que ti podes, campión!

Mundial Trial1

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.