fotos-oscar-rodriguez-figura-noticias-o-rosal-25
Figueirido herdou o dorsal 9 do rosaleiro Paulo Dacosta (Cangas-ASOBAL)

Hoxe, en NOTICIAS O ROSAL, realizámoslle unha pequena entrevista a Rubén Figueirido Peixoto, unha das novas fichaxes do club Acanor Atlético Novás de balonmán e que este sábado 8 de outubro se enfronta en Vigo ao “equipo da súa vida”.

Pero, comecemos polo principio. Rubén naceu o 9 de xaneiro de 1997 na parroquia de San Pedro de Matamá (Vigo). Cóntanos que comezou a xogar ao balonmán con 8 anos de idade no Academia Octavio, grazas ao convite do seu vello amigo, Álvaro.

Despois de pasar toda a súa carreira no club vigués e ser asiduo á Selección Galega de balonmán ata xuvenil de 2º ano (conseguindo o 3º posto no Campionato de España celebrado en Castellón), este 2016, xa con 19 anos, decidiu fichar polo Acanor Novás por dúas tempadas, en parte, grazas -confésanos- ao capitán rosaleiro Manu Martínez, excompañeiro seu no Octavio.

????????????????????????????????????
Rubén Figueirido, Manu Martínez e Germán Hermida, excompañeiros do Octavio

Rubén Figueirido, xogador de primeira liña, que afirma que a posición onde se sinte máis cómodo é no lateral esquerdo, sabe da “presión” e “case obriga” do seu novo equipo por disputar a Fase de Ascenso a División de Honor B. “Vexo ao equipo forte e potente para polo menos chegar á Fase. Pero hai que ir partido a partido, pouco a pouco, con boa letra”, declarou.

Como dicíamos, este sábado será o “regreso” de Rubén, pois o Acanor Novás enfróntase ao Academia Octavio en As Travesas (18:30 horas). “Volvo a casa, a enfrontarme ao club de toda a miña vida, aos meus amigos e excompañeiros. Será moi bonito para min, aínda que algo estrano, xa que estarei no outro lado, no outro vestuario, con outra camiseta”.

ztrofeo-concello-do-rosal-acanor-novas-2016-34
Salto espectacular de Figueirido fronte ao Balonmán Nava

O vigués agarda un partido difícil, onde “non poderemos confiarnos”, pero coa esperanza de volver a gañar, o que significaría a terceira victoria consecutiva en Liga e un arranque moi prometedor.

Rubén Figueirido, que leva tan só uns meses na disciplina do Novás -xa é o segundo máximo goleador do equipo con Iago Flores, tras Nico López Rey- alucinou coa súa nova afección no primeiro partido disputado en O Rosal contra o Lalín. “Estou encantado cos afeccionados/as. O meu agradecemento a todos eles, sinceramente non me esperaba algo así, apoian moitísimo, ‘apretan’ e iso notámolo no campo. Oxalá lles deamos moitas alegrías”.

acanor-atletico-novas-noticias-o-rosal-118
Rubén, na súa presentación oficial, en xullo de 2016

¡Dende NOTICIAS O ROSAL, graciñas Rubén, benvido e moita sorte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.