Grupo Impás
Carmen Baz, Fini Mauri, Mª Carmen Alonso e Charo Trigo, onte en Tui

Noticias O Rosal estivo o xoves 31 de marzo no Seminario Menor San Pelayo de Tui visitando a fermosa exposición de pintura do Grupo Impás, que conta entre os seus membros con varios rosaleiros/as.

Así mesmo, coincidindo cunha reunión na cidade tudense, a tenente de alcalde do Rosal, Mª Carmen Alonso, felicitou in situ a algunhas das artistas alí presentes, como se pode observar na imaxe que ilustra esta pequena noticia.

Grupo Impás mosaico Tui

A mostra, que estará aberta ata o luns 4 de abril, ten a participación dos pintores/as José Luís Rodríguez, Pilar López, Laura Baz, María Rodríguez, Charo Trigo, Fini Mauri, Ignacio Martínez, Mª José Otero, Carmen Baz, Henar Álvarez e Isabel Antón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.