EXPOSICIÓN DE PINTURA SAN XEROME web

Informa: Teresa Espejo Guardiola // Concellaría de Cultura da Guarda

Os alumnos de Educación de Adultos do taller artístico de San Xerome, impartido por Tamara Garrido Rúa, (coa participación de varios rosaleiros/as), achegan ata o Centro Cultural guardés os seus traballos. Estes poderán verse dende o xoves 7 de abril ata ó mércores 27 de abril en horario de 10 a 13h. e de 17 a 20h. 

A mostra comezará cun acto de inauguración o 7 de abril ás 20,30h., no que haberá música en directo e degustación gastronómicaVinte e dúas obras pictóricas baseadas en tendencias vangardistas como o cubismo, a abstracción e o expresionismo compoñen esta exposición.

As técnicas empregadas foron dispares, óleo sobre lenzo, acrílico sobre lenzo ou madeira e técnicas mixtas. Nesta exposición queda patente coma o debuxo e a pintura son utilizados como un medio de expresión artística e terapéutica, usando a arte-terapia, focalizando as emocións, os sentimentos e os estados de ánimo, que poden funcionar tamén a xeito de aprendizaxe.

Esta terapia axuda ás persoas sen ter en conta as diferentes capacidades, axuda a sentirse mellor con un mesmo e desenrola o talento e a creatividade. 

Os participantes Bea Sobrino, Guillermo, Rosa María, Isa ll, Ana Diego, Brais, Ceci, Enma, Raquel, Manuel Jesús, Fabio, Marcio, Maite, Isaac, Jona, Juan María, Fran, Víctor, Pepe, Borja, Benito e Ana Belén, queren agradecer a colaboración de todo o gran equipo do San Xerome e da concellaría de Cultura do concello da Guarda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.