Informa: Sonia Díaz / Festival SonRías Baixas.
Fotografías: Alba Sotelo.
·O Festival SonRías Baixas (no que estará por segundo ano consecutivo Noticias O Rosal co noso fotógrafo Óscar Rodríguez) quenta motores para a celebración da súa 15ª edición en Bueu. Estas foron as imaxes do noso enviado especial en 2016.
·Estopa, Dubioza Kolectiv, Zoo, Arco, Amparanoia, Sés, Todos Tus Muertos, Narco e Dakidarría compoñen o cartel desta edición del festival
·Volve a Casa SonRías cos Poetarras como Rock&Chefs e a ambientación musical de Wöyza, Guerrera, Hexany e The Soul Breakers
·Os abonos e entradas aínda se poden adquirir a través da web www.sonriasbaixas.info ou nos puntos de venda físicos
·O festival convírtese no primeiro en Galicia en utilizar pulseiras cashless para permitir o acceso ao recinto e para pagar en todos os puntos de comida, bebida e merchandising
O Festival SonRías Baixas quenta motores para a celebración da súa 15ª edición por todo o grande, con 15 bandas galegas, españolas e internacionais que encherán Bueu de festivaleiros con ganas de festa a primeira fin de semana de agosto ao ritmo do mellor rock, punk, rumba, rap, reggae, ska, dub, blues e música de raíz. Así o afirmaron esta mañá na presentación oficial do festival Félix Juncal Novas -alcalde do Concello de Bueu-, Santos Héctor -deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra-, Jacobo Sutil -director da Agadic-, Salvador Vázquez -director comercial e de márketing de Rei Zentolo- e Bruno Lopes -Brand Manager de Unicer Superbock para Europa e EE.UU-, na presentación oficial do Festival.
Jacobo Sutil quixo poñer en valor os festivais de música como sector estratéxico, porque “permiten que as bandas galegas ofrezan a súa música, que o público galego e de fóra goce coas mellores propostas creativas e que se desenvolvan tanto a nosa sociedade e a nosa cultura como a nosa economía”, idea coa que concordou Santos Héctor ao apuntar que “os nosos festivais son un reclamo para os nosos visitantes e un exemplo de excelencia”.
Rock, punk, rumba, rap, reggae, ska, dub, blues, música de raíz… do máis popular ao máis alternativo, do máis consolidado ao máis innovador, o SonRías consolidouse como un dos festivais de referencia no verán peninsular cunha particular mestura de música, praia e gastronomía nun entorno prixilexiado. Así o afirmou Félix Juncal -alcalde de Bueu- ao definilo como o “inicio do momento álxido do verán cultural, musical e lúdico na zona”, e como “unha proposta de turismo sostible e de calidade”.

Nesta edición, ademais, continúa a alianza establecida entre o evento e Rei Zentolo para deseñar a imaxe do festival, que ao igual que o SonRías Baixas tamén celebra o seu 15º aniversario. Salvador Vázquez -director comercial e de márketing da marca- gabou tamén este modelo de proposta turística que inclúe o festival na súa Experiencia SonRías, sumando praia, música, bo ambiente e variadas actividades. Unha experiencia e proposta á que este ano se suma o patrocinio da principal marca de cervexa de Portugal, Super Bock, nunha alianza natural entre un dos festivais con máis personalidade de proxección do Estado e a gran marca da música e dos eventos culturais do país veciño. Bruno Lopes -brand manager de Super Bock para Europa e EEUU- expuso que “é natural para Super Bock participar neste evento porque levamos noventa anos traballando coa música alternativa e a nosa estratexia para Galicia e para España é a de estar sempre preto da música”.
Jordi Lauren, pola súa banda, quixo aproveitar a ocasión para destacar a aposta pola innovación desta edición coa implantando a tecnoloxía cassless. O SonRías Baixas convértese en pioneiro en Galicia ao utilizar este sistema para permitir o acceso ao recinto e para pagar en todos os puntos de comida, bebida e merchandising, ofrecendo a o público asistente a posibilidade de deixar o diñeiro en efectivo e as tarxetas bancarias na casa. Promotores e axentes da industria musical acudirán a Bueu -convidados polo festival e por Ticketea- para ter a súa primeira experiencia con esta innovadora tecnoloxía.
Lauren fixo públicos, tamén, os horarios do festival, que arrincará o vindeiro xoves, día 3 de agosto, ás 22h, no Recinto da Estacada da actuación de Pedrá. Tributo a Extremoduro e unha sesión do Dj SonRías que recordará os grandes clásicos da historia do festival.
O venres 4 abrirá o Escenario Super Bock a forza combativa de Sés, ás 20h. Despois, ás 21h30, chegará a alegría mestiza de Amparanoia; ás 23h30, o punk-reggae dos arxentinos Todos Tus Muertos; á 1h o rock combativo dos sevillanos Narco; e pechará a festa por todo o alto o ska combativo dos Dakidarría a iso das 2h30 da madrugada. Nese mesmo escenario, o sábado 5 a actividade arrincará ás 20h15 co rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, Arco; tralo que chegará un dos platos fortes do festival, contra as 21h45, a rumba festiva dos Estopa; e, de seguido, ás 23h45, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv; pecharán esta edición do SonRías a descarga enerxética dos valencianos Zoo, á 1h45 e unha nova sesión do Dj SonRías, a partir das 3h30.
