
Fin de semana axetreada deportivamente falando na vila da Guarda para os rosaleiros Serafín Martínez Acevedo e Roberto Portela Vieira, organizadores -respectivamente- do VI Trail do Trega e da Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo 2019.

Segundo nos informan dende o Departamento de Comunicación e Prensa guardés os dous eventos foron un auténtico éxito (máis de 500 participantes entre “trailer@s” e ciclistas). Destacar a presenza de multitude de deportistas do Baixo Miño e, como non, de O Rosal.

Precisamente os ex-ciclistas profesionais da vila, Serafín Martínez (máster 30) e Gustavo Otero (máster 40) gañaron nas súas respectivas categorías. ¡Dende Noticias O Rosal, a nosa sincera noraboa!
Máis información destes dous acontecementos na web do Concello da Guarda.