O coñecido programa España Directo (La 1 de Televisión Española) estivo gravando en O Rosal o pasado martes 15 de maio, cos Muíños do Folón-Picón e os cabaqueiros como protagonistas.

O mestre carpinteiro Rafael Dorado Rodríguez e o escritor da vila, Juan Ramón Martínez Barbosa foron entrevistados polo xornalista Xoán Leiro. Así mesmo, os cabaqueiros José Álvarez “Buraco” e Juan Rodríguez realizaron unha demostración “en vivo” na Praza do Calvario.

Podedes ver a reportaxe do Rosal aquí e o programa completo nesta ligazón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.