Fotos Juan Ramón O Rosal (13)

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR) vén de presentar o pasado xoves 7 de xullo, na Cámara de Comercio de Tui, unha atractiva oferta turística para levar a cabo durante a XXIV Feira do Viño do Rosal (15, 16 e 17 de xullo).

ACOR. Presentación O Rosal un paraíso natural por descubrir Cámara Comercio de Tui (3)

Deu a benvida a este acto, o presidente da Cámara, Gumersindo Alonso Gestoso (na imaxe, sobre estas liñas), quen confesou, aproveitando a ocasión, a súa admiración polas fermosas paisaxes e paraxes do Rosal.

ACOR. Presentación O Rosal un paraíso natural por descubrir Cámara Comercio de Tui (10)

Coa presenza da tenente de alcalde rosaleira, Mª Carmen Alonso, procedeuse á presentación desta iniciativa de ACOR, encargándose de explicala o seu secretario Arán Feijóo Covelo e o seu presidente, Pablo Álvarez Alonso.

ACOR. Presentación O Rosal un paraíso natural por descubrir Cámara Comercio de Tui (9)

Segundo comentaron “por tan só 132 €/persoa, quen desexe pode escaparse á Feira do Viño do Rosal os días 15, 16 e 17 de xullo. Os nenos e nenas menores de 11 anos, GRATIS“.

ACOR. Presentación O Rosal un paraíso natural por descubrir Cámara Comercio de Tui (5)
Pablo Álvarez (presidente) e Arán Feijóo (secretario), de ACOR

Este “pack” turístico, segundo indicaron, inclúe:
Aloxamento de 2 noites (venres e sábado) e almorzo.
– O sábado 16, ruta guiada polos Muíños do Folón e do Picón con comida na Casa da Pintora.
– Sábado tarde-noite, XXIV Feira do Viño do Rosal.
– O domingo, visita guiada a unha adega. Enoturismo.
– Desprazamentos en autobús.
 

O Rosal un paraíso natural por descubrir ACOR Juan Ramón

Complementando esta oferta turística, ACOR tamén presentou na Cámara de Comercio de Tui a publicación, en forma de tríptico, O Rosal. Un paraíso natural por descubrir, da autoría de Juan Ramón Martínez Barbosa, escritor e director de Noticias O Rosal, que ensalza as marabillas da nosa vila, coñecida -pola súa gran beleza- como o “Xardín do Baixo Miño”.

Se queres facer a reserva da “Escapada” ou saber máis desta iniciativa da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal podes informarte no número 986 133 699.  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.