Dom. Jun 26th, 2022
Asociación Érguete Baixo Miño
Queremos presentar as Xornadas
“Emprégate: quítalle partido as túas ideas” que se celebrarán os días
8, 9, 11, 14, 15 e 18 de outubro de 2.013. 
Trátase dun proxecto encamiñado a
favorecer o acceso ao emprego dos mozos e mozas desempregados/as creando un espazo
de coñecemento para desenrolar as súas ideas emprendedoras e innovadoras, coa
finalidade de materializalas exitosamente.
As partes das que consta o
proxecto son as seguintes:
Taller “Descubrindo as miñas
potencialidades”
 onde nos embarcaremos durante dous días na creación
de novas ideas de negocio e para aprender a emprender.
Seminario “Alternativas
empresariais: aspectos legais”
 terá lugar nunha xornada consistente en
orientar das formas xurídicas máis axeitadas, dos trámites coa Administración e
sobre axudas, subvencións e financiamento.
Exposición “Compartindo
experiencias”
 será unha xornada participativa de presentación de
experiencias de persoas emprendedoras.
Workshops “Fai realidade a
túa idea”
 en grupos de traballo e durante dous días estudarase cada
idea analizando a súa rendibilidade, partindo dunha visión global e aportando
coherencia e estrutura para plasmar o modelo de negocio, é dicir, facer simples
as ideas que na cabeza parecen complexas.
As actividades realizaranse no
local social da Asociación Érguete Baixo Miño e son de balde.
Do 20 de setembro
ao 4 de outubro estará aberto o prazo de inscrición
 para participar na
iniciativa. 

Podes descargar o tríptico
informativo e a folla de inscrición en www.erguete.org
Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no
teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org     

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies