O duelo dos xoguetes é a nova obra de teatro escrita e dirixida polo rosaleiro Félix Álvarez, con Elvira Costa como axudante de dirección, que se estreará o vindeiro día 2 de maio de xeito gratuíto ás 21:00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Nesta ocasión a representación estará o cargo da compañía universitaria Polaroid Teatro.

Preguntando polo contido do seu novo traballo, Félix coméntanos o seguinte: O duelo dos xoguetes é unha obra que nos mostra un mundo de apariencia inocente e infantil que de súpeto choca coa realidade cruel e amarga, que non só vivimos os adultos, senón que tamén afecta ós máis pequenos.

A historia parte da gran confusión que sofre Andrea, unha nena de 10 anos de idade, cuxa familia está a pasar por diversos problemas e atrancos económicos. A súa nai coa mellor das intencións tratará de agocharlle a dura realidade, pero isto non fará máis que acrecentar as preocupacións da súa filla, a cal xa non é unha cativa e precisa obter respostas claras sobre o que sucede ó seu redor.

Andrea ante todo isto, comezará a xogar cos seus vellos xoguetes que tiña esquecidos no fondo do armario, sen decatarse de que a través do xogo está explorando e proxectando nos seus bonecos as súas emocións, os seus medos e preocupacións. Andrea creará un mundo cheo de fantasía onde os bonecos non só cobrarán vida, senón que tamén tomarán consciencia de si mesmos e da difícil situación na que están inmerso, ó igual que a súa dona.”

O duelo dos xoguetes é unha obra inspirada no filme Toy Story e a obra Seis personaxes en busca de autor de Luigi Pirandello.

O elenco está formado por Nuria Caínzos, Esther Estévez, Raquel Gil, Julia Iglesias e Leyre Roca.

En canto ao apartado técnico:

Espazo Sonoro: Félix Álvarez

Escenografía: Aris Carballo

Coreografias: Elvira Costa e Felix Álvarez

Deseño Gráfico: Alicia Baña

Técnico de son: Álex Pita

Técnica de iluminación: Elvira Costa

Atrezzo: Julia Iglesias e Inés Silvalde

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.