O Concello do Rosal ofrece esta Semana Santa a posibilidade de coñecer os 67 Muíños do Folón e do Picón, a súa recén estreada Área de Recepción de visitantes, así como de disfrutar de fermosas rutas e didácticas demostracións de moenda en directo no Muíño das Laxes (nº 1 do Folón).


Así, dende o pasado día 9, a Oficina de Información do Folón, en Martín, está aberta ao público en horario de mañá (11 a 14 horas) e de tarde (16 a 19 horas) ata o vindeiro domingo 16 de abril.

Estes enxeños hidráulicos dos Muíños do Folón e do Picón (s. XVII-XVIII) “foron declarados en 1998 pola Xunta de Galicia, Ben de Interese Cultural (BIC), concedéndoselle o Premio Agader ao embelecento do medio rural no ano 2003. A Federación Galega de Montañismo homologou a súa ruta de sendeirismo co nome de PR-G 94″.

Dende Noticias O Rosal recomendamos 100% esta visita a un dos enclaves máis fermosos do Baixo Miño e aínda de Galicia, con incribles panorámicas a Portugal e o Val. “A súa ruta, de 3’5 km para os amantes da natureza e o sendeirismo, da historia e a cultura populares, non lles defraudará. É máis, nos atreveríamos a dicir que os Muíños do Folón e Picón, en verdade, lles conquistarán”.

O Rosal, un paraíso natural por descubrir.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.