acanor-novas-b-saeplast-caniza-60

Esperanzadoras e boas sensacións foron as que se viviron este sábado 10 de setembro no pavillón municipal do Rosal, a pesares de non conseguir o Acanor Novás “B” a vitoria no I Trofeo Restaurante Juan de balonmán.

acanor-novas-b-saeplast-caniza-74

Os homes de Jimy Fernández sentiron a garra e a intensidade que lles pedía o seu míster e loitaron ata o final fronte ao Saeplast Cañiza, de Primeira Nacional -a mesma categoría que o equipo “A” do Novás- pero, unha mágoa, remataron perdendo por un estreito marcador de 22 a 27 goles.

acanor-novas-b-saeplast-caniza-55

Andrés Senra e Rogelio Diego foron os encargados de entregar os trofeos correspondentes aos capitáns de ámbolos dous equipos. 

novas-caniza

Campión xusto e rival superior, en verdade, o conxunto cañicense, que conta na súa plantilla cos canteiráns do Novás, Jacobo Coello (na imaxe de abaixo, o 1º pola dereita, de pé) e Esteban Martínez (2º pola dereita, agachado).

acanor-novas-b-saeplast-caniza-80

Sen dúbida, este I Trofeo Restaurante Juan serviulle ao adestrador debutante Jimy Fernández para ensaiar xogadas, darlle minutos a moitos dos seus xogadores e ir, desta maneira, perfilando o seu ilusionante “sete titular” de cara ao inminente comezo da Liga 2016/17.

Segundo vén de comunicar o Novás, esta semana “seguirá a posta a punto ante outro equipo de Primeira Nacional. O mércores (Pavillón Pablo Herbello, 21h), enfrentaranse ao ServiAuto Bueu Atlético Balonmán”. ¡Moita sorte!

« de 3 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.