Trofeo balonmán Concello de O Rosal

Este venres 26 e sábado 27 de agosto celebrarase o XVIII Trofeo Concello de O Rosal, que, en verdade, volve a presentar un cartel espectacular. Segundo comunica o Acanor Novás “dous equipos da liga ASOBAL e un de División de Honra Prata serán, xunto ao anfitrión (con Manu Martínez como capitán), os que sigan facendo desta XVIII edición un dos torneos de máis nivel no ámbito nacional”.

Trofeo O Rosal

Estará Frigorificos Cangas, “un habitual que segue a facer historia da man de dous rosaleiros (Paulo Dacosta e Dani Cerqueira)”, tamén o Atlético Valladolid “que repite despois da gran experiencia do ano pasado, e que ven de lograr o ascenso á máxima categoría. Conta con reforzos de calidade (o galego Rubén Río e Daniel Dujshebaev entre outros) e a portería seguirá defendida por Xavi Díaz“.

E como último un convidado moi especial, Viveros Herol Nava, “que conseguía o salto a División de Honra Prata en O Rosal no 2014 e que está a formar un equipo con aspiracións a ascenso”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.