D. Isaac chegou a O Rosal en 1970 (📸 Tamuxe)

O crego D. Isaac Penela Carbajales (Vigo, 7-9-1931) vén de cumprir hoxe, sábado 12 de setembro de 2020, nada máis e nada menos que 50 anos en O Rosal.

No nº 2 do xornal O ROSALEIRO poderás ler a entrevista exclusiva que lle realizamos a este singular e ilustrado persoeiro. Descubrirás que D. Isaac é autor dun libro, que percorreu medio mundo ou cales son os seus ‘hobbies’. Non te perdas ademais a nosa charla sobre as “lendas urbanas” que din que é un “pouco despistado”… ¿será verdade? 😉

A parroquia de Santa Mariña do Rosal, da que foi coadxutor tantos anos, lle tributará -cando as circunstancias sanitarias o permitan- unha merecida homenaxe.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa D. Isaac por este medio século na nosa vila!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.