
Tal e como se informa dende o Concello do Rosal “o Trofeo Montes de Eiras de ciclocross celebra a súa 24 edición nun escenario moi especial. Esta fin de semana a carreira organizada polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello celebrarase por primeira vez nos viñedos da adega Terras Gauda, un circuíto único e innovador a nivel autonómico, xa que non existe ningunha outra competición de ciclocross en Galicia que se desenvolva nunha paraxe similar.
En total serán 300 deportistas os que participarán este sábado 12 de novembro dende as 13.30 horas en ata 15 categorías diferentes, polo que sobre o terreo haberá ciclistas dende os 12 anos ata maiores de 60“.