O Auditorio do Rosal acollerá este sábado 15 de abril ás 20:30 horas, o Concerto de Pascua que ofrece a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por José Javier Bascoy.

Segundo se informa dende a Agrupación da vila, “o acto será por unha causa benéfica, xa que realizaremos unha recollida de alimentos non perecedeiros a favor da asociación Conrazones“, recalcando desta entidade solidaria sen ánimo de lucro que “realizan unha gran labor axudando a moitas familias do Baixo Miño que están pasando por momentos difíciles“.

A Agrupación Musical do Rosal e a asociación Conrazones, volven desta maneira a unir as súas forzas por un máis que loable motivo. Na imaxe destacada do noso arquivo, de esquerda a dereita, Piño Gómez Rodríguez, presidente de Conrazones, José Javier Bascoy, director da banda e Iván Diego Martínez, presidente da Agrupación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.