Tati's Joplin Jota Jota O Rosal

O Café-Bar Jota Jota de O Rosal acolle este sábado 26 de marzo, a partir das 23:30 horas, un novo concerto de Tati’s Joplin. Segundo podemos ler no seu perfil de facebook, esta banda, de tributo acústico “a Janis Joplin e outros/as artistas de blues e jazz”,  nace en 2012 e está formada por tres compoñentes:

Tatiana Paratcha (voz), ex vocalista das bandas de punk Kus Kus Klan e Uno Provisional
Ivan Fornos, de O Rosal, (guitarra), alias “Mocko”, guitarrista da banda de metal tudense Ulf e artista que tamén se dedica a facer guitarras a medida (http://fdguitars.com/)
Rodrigo Regueiras (baixo), ex baixista de Dead by Pregnancy (entre outras)

Este sábado Tati’s Joplin interpretará versións “de la grandísima Janis Joplin y de otras grandes artistas como Nina Simone, Etta James, Amy…”

Para saber máis de Tati’s Joplin recomendámosvos que escoitedes esta entrevista e actuación na Radio Galega.

A entrada do concerto no Jota Jota é gratuíta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.