O músico, compositor e cantante galego Roi Casal presentará en O Rosal a súa xira “Donos do noso destino”. A cita, o domingo 24 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Calvario, con motivo das Festas do Pilar.
Segundo podemos ler na súa web “Formou parte de Milladoiro, a banda máis internacional da música galega, entre os anos 2000 e 2009. Comeza a súa carreira en solitario en 2008 coa publicación de Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o single Ninfa das Frescas Augas, convértese rapidamente no disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano.
En 2011 publica Maxicamente vello, no que novamente realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realiza unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido en La Habana en 2014, o prestixioso galardón concedido na illa caribeña que o ano anterior recibira Paco de Lucía.
