Segundo informa a Agrupación Musical da vila que preside Iván Diego Martínezeste vindeiro domingo 30 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio do Rosal, celebraremos o 31º Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Nesta ocasión o concerto terá unha cor diferente, xa que se subirán ao escenario varias formacións para interpretar de maneira conxunta un programa que abarcará distintos estilos, se ben o xénero que predominará será o da lírica con varias zarzuelas e ópera.

Ademais de varias das agrupacións da nosa asociación (banda de música, coral e coro de nenos/as da escola de música) contaremos tamén nesta ocasión coa colaboración da Coral San Telmo de Tui. Durante o acto pasarán polo escenario máis de 200 persoas que estarán baixo a batuta do director da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, Javier Bascoy.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.