agrupacion-musical-do-rosal

A Agrupación Musical do Rosal, que o domingo 30 de outubro celebrará no Auditorio (18:30 horas) un concerto para conmemorar o seu 30 Aniversario, vén de difundir esta mensaxe nas redes sociais:  

Ola ex-bandísticos da Banda do Rosal!

Esta é unha mensaxe común que chegará a mais de 200 persoas que pasaron dende o ano 1986 pola Agrupación Musical do Rosal. A finais de mes, o 30 de outubro ás 18:30h no Auditorio Municipal do Rosal, celebraremos o concerto con motivo do 30 aniversario da banda.

Dende a actual directiva e director, gustaríanos convidar a cada un de vós a este acto e porque nom, a todo aquel que o desexe, subir a tocar este día (falade co presidente Iván por privado, tlf 667038013).

Anímate a pasar ese domingo 30 de outubro polo Auditorio e recordar vellos tempos que seguro que a todos nos traen uns recordos inolvidables.

Unha aperta e calquera duda estaremos encantados de resolvela.

Teléfonos de contacto:

Iván Diego Martínez (Presidente) 667 038 013
José Javier Bascoy (Director) 646 663 437
Agrupación Musical do Rosal 609 866 792

(Agradecemos a difusión desta mensaxe entre tódolos amigos que teñades que tocaran na banda, non é fácil contactar con todos. Gracias!)

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.