Novás socios

Comeza o espectáculo e o Acanor Atlético Novás iniciou a súa campaña de socios/as para a tempada 2016/17 na busca do tan ansiado ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional.

Non o dubides e faite socio/a. Xa están a venda os carnés coas seguintes tarifas, adaptadas a idades e aínda á situación laboral de cada quen:

⭕ XUVENIL (17 a 20 anos, ambas idades incluídas) ➡ 15 €
⭕ XOVEN (21 a 25 anos, ambas idades incluídas) ➡ 30 €
⭕ XERAL (+ 26 anos) ➡ 50 €
⭕ PARADO (Desempregados de longa duración) ➡ 30 €
⭕ PREMIUM (Inclúe pack composto por camiseta técnica, pulseira, chaveiro e pin) ➡ 70 €

❌ Os que renoven o seu abono poderán recollelo no pavillón ou mediante a Directiva. Para novas altas, descargando este documento e enviándoo a rafael.vicente@atleticonovas.com ou no 609 394 078. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.