ismael-martinez-acanor-atletico-novas-web

O Acanor Atlético Novás anunciaba hai uns días a través dun comunicado que o elixido para suplir a José Ramón Muñoz ‘Jota’ como adestrador do primeiro equipo é “Ismael Martínez (Cangas, 1983), preparador dos equipos xuvenil e cadete do Club Balonmano Porriño, así coma coordinador de todas as categorías base e man dereita de Abel Estévez no equipo de DHF do Godoy Maceiras“.

clasificacion-acanor-novas

Segundo se afirma dende a entidade rosaleira “é unha nova aposta pola xuventude por parte do Acanor Atlético Novás, que ve en Isma a persoa ideal para guiar este proxecto. A súa fame, coñecemento sobre o plantel e sobre a liga, e ser un estudoso do balonmán foron os principais motivos para decantarse polo ex xogador do Cangas (ASOBAL), que se amosou ilusionado e con gañas de afrontar este desafío. Ás súas funcións no club da cidade do Louro uníronse durante varios anos as de seleccionador das categorías base galegas”.

novas-web

Tras gañar a fin de semana pasada na pista do Teucro B (17-31) guiados polo “adestrador accidental” Jimy Fernández, o Acanor Atl. Novás (3º) volve a xogar en O Rosal este sábado 10 de decembro, ás 19:00 horas, fronte ao Rodosa Chapela (4º) no “gran clásico de Primeira Nacional”.

¡Dende Noticias O Rosal moita sorte, xa que será o debut oficial de Ismael Martínez diante da súa afección, como técnico do Acanor Novás!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.