O Club Ciclista O Rosal vén de anunciar nas redes sociais que este sábado 27 de agosto “volta a competición á pista de As Faias, e non é unha edición calquera, xa imos a pola 30“.
Pois o XXX Trofeo Pista de As Faias (San Xoán de Tabagón) terá lugar a partir das 16:00 horas dende a categoría promesa, pasando por principiantes, alevíns, infantís, cadetes e junior feminina.