O Entroido de Fornelos celebrarase os días 26, 27 e 28 de febreiro de 2017.
O programa comeza o domingo 26, con pasarrúas e o Desfile-Concurso de Entroido do Rosal.
Xa de tarde, a partir das 17:00 horas, na Praza de Fornelos, actuacións para os máis pequenos, con inchables e touro mecánico. Dende as 22:00 horas, gran verbena coa orquestra Ritmo Joven e o grupo Mayical.
O luns 27 de febreiro, a partir das 16:00 horas, a tradicional Corrida do Galo. Pola noite, gran verbena coa orquestra Capitol e o grupo Ambar.
O martes 28, a partir das 16:00 horas, tamén na Praza de Fornelos, as tradicionais Frixidelas, con “degustación para todos”. A verbena, a partir das 20:00 horas, amenizada polo grupo Aramio e o Trío Bahía.
fenomenales fiestas espero poder estar en ella personalmente.