O conxunto histórico-etnográfico dos 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) volverá a ser protagonista en Portugal. Os alumnos/as de Arquitectura da Escola Superior Gallaecia de Vila Nova de Cerveira terán que realizar novamente un proxecto do enclave rosaleiro (único no mundo) para a súa carreira.

Con este motivo, os investigadores Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa, autores do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia ofrecerán este venres 17 de novembro unha charla, convidados pola citada institución lusa.

Segundo o recente ‘Boletín Oficial del Estado’ (luns 25 de setembro de 2017, nº 231), relativo ao expediente para ampliar a delimitación do Folón-Picón como lugar de valor etnológico, a publicación de Tamuxe e Juan Ramón “resulta el informe histórico y documental más relevante y completo sobre el conjunto y las personas relacionadas con él”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.