Esmeralda Martínez Pedreira “Mera”, presidenta da AECC Baixo Miño. (Foto: Noticias O Rosal, 2010).

Restaurante Juan de O Rosal acollerá este sábado 25 de marzo (21:30 horas) a XVII Cena Baile “a beneficio de la Asociación Española contra el cáncer del Baixo Miño, con el fin de recaudar fondos y ayudar a los enfermos”.

Segundo nos informan dende a Asociación que preside a rosaleira Esmeralda Martínez Pedreira “a cea leva facéndose dende o 2001 e esta é a décimo séptima”. Recalcan que “é o maior acto social e benéfico con esta causa de toda a provincia de Pontevedra”.

Neste xa clásico evento sortearanse agasallos doados por diferentes casas comerciais do Baixo Miño  (A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui), asistindo representantes destes municipios, da AECC de Pontevedra ou mesmo membros doutras asociacións de Vigo, Nigrán, etc.

Por vez primeira, a Cea-Baile contará coa actuación -altruísta- de José Costas, artista coñecido pola canción “Como baila Carmiña”.

Dende a AECC do Baixo Miño quérese agradecer a colaboración de todos aqueles veciños/as que axudan ano tras ano a esta Asociación.

Máis información desta Cea-Baile nos teléfonos 678 349 239 // 697 489 493.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.