cartel2016-castanazo-rock1

A XIV edición do Castañazo Rock de Chantada (Lugo) foi sen dúbida unha das máis concurridas dende que en 1993 un grupo de amigos decidiran “cometer un asasinato. A vítima, o Aburrimento. Neses anos, Chantada demostrara ter unha grande afición polo Rock, e coma naqueles anos case non había festivais, e os poucos que agromaban, ficaban a moitos quilómetros de distancia, a decisión estaba clara: Faríamos o noso propio festival. E no canto de desprazarnos a ver os mellores grupos do panorama galego e de fóra, ¡¡traeriámolos á nosa vila!!”

castanazo2

O mercado gandeiro de Chantada acolleu o pasado 29 de outubro o Castañazo Rock 2016. Ata alí se achegou para disfrutar e realizar unha reportaxe fotográfica do evento o enviado especial de Noticias O Rosal, Óscar Rodríguez “Figura”, pois o “festi” contou coa presenza de algúns rosaleiros/as e moitos baixomiñotos.

castanazo-rock-chantada-2016-6

Segundo el mesmo nos conta, “nada máis chegar á vila, atopeime as rúas cheas, con multitude de persoas que participaban nos Cantos de Taberna, unha pasada. Destacar tamén, xa nos concertos, ao grupo valenciano La Raíz, quizais o que máis xente xuntou no Festival. En definitiva, un festivalazo con moi bo ambiente. A organización calculou unha asistencia de preto de 4000 persoas”.

castanazo-rock-chantada-2016-5

Velaquí vos deixamos pois un enlace ao álbum completo do Castañazo Rock 2016, da autoría de Óscar Rodríguez. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.