Este sábado 26 de xuño celebrarase a presentación oficial do coche dos rosaleiros Sergio Alonso e Abel Martínez co que disputarán o Campionato Galego de Rallyes 2021.

Skape 30 e a rúa Pascuala (O Rosal) acollerán este evento, que comezará ás 16:00 horas, dando a benvida tamén a diferentes coches de competición. Ás 17:30 horas, pinchos gratis para os asistentes, sendo o sorteo de regalos ás 18:00 horas.

A organización corre a cargo da mesma Cafetería Skape 30 coa colaboración de Moteiros do Baixo Miño. O evento será integro no exterior da rúa Pascuala cumprindo todas as medidas anti COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.