Campamentos-de-verano

Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural da vila, que dirixe Silvia Baquero Pereira, “un ano máis o Concello do Rosal convoca a realización de actividades dirixidas a nenos e nenas que este ano 2015/2016 estiveran matriculados en Educación Infantil ou Primaria”.

* Realizaranse actividades lúdicas no mes de xullo de 9.00 a 14.00h. (Prezo 50€ por participante). As actividades consistirán na realización de manualidades, xogos e obradoiros que potencien a creatividade e a a utilización do tempo libre como tempo de ocio dos nenos e nenas do Rosal.

* Número de participantes: 20

* Inscrición: do 1 ó 15 de xuño por Rexistro de Entrada no concello coa indicación do nome e apelidos do neno, data de nacemento, enderezo completo e teléfono.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.