A centenaria Sociedade Liga de Amigos do Rosal -que preside César Conde Martínez– vén de comunicar que este sábado 29 de febreiro se celebrará nas súas instalacións o tradicional Baile de Piñata.

Ás 17:00 horas, haberá animación infantil con agasallos de lambetadas para os nenos/as asistentes. Xa de noite, a partir das 23:00 horas, baile de disfraces coa actuación do músico rosaleiro Roberto Caco (na imaxe, que “a liará parda“). Para rematar, chocolate e rosca para todos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.