O Acanor Atlético Novás venceu esta fin de semana ao Vilatrade BM Lavadores en O Rosal por un estreito marcador de 27 a 26 goles. Os homes de Isma Martínez comezaron algo “durmidos” o choque, pois aos 15 minutos de partido mandaban os visitantes por 4 a 9.

Iago Flores, máximo goleador do Acanor Novás con 99 tantos.

Recuperouse o Novás para chegar ao descanso cun marcador de 13 a 12 a favor dos seus intereses. E outro tanto sucedeu na segunda mitade do encontro, xa que a falta de 10 minutos para a finalización o Lavadores tiña unha vantaxe de 3 tantos (20-23).

O “capi” Manu Martínez (24) e Dani Pintus (13)

A figura dos “pesos pesados” rosaleiros, comandados polo capitán Manu Martínez e o lateral zurdo Germán Hermida, emerxeron finalmente no último suspiro para darlle a volta ao partido.

Germán Hermida “voa” nunha das súas clásicas xogadas

Esta fin de semana, en concreto o sábado 1 de abril, o Acanor Atlético Novás (5º clasificado) viaxa ata A Coruña para enfrontarse ao OAR (6º clasificado).

Mentres hai vida hai esperanza e o Novás, aínda que non o ten doado (a falta de 5 partidos está a 4 puntos do 3º e a 5 do 2º clasificado), seguirá loitando por unha praza na Fase de Ascenso a División de Honra B.

Seufyann Sayad pousa co porteiro do Vilatrade Lavadores

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica do Novás-Lavadores. 

« de 5 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.