Os afeccionados do Acanor Novás de Primeira Nacional que se achegaron ao pavillón municipal do Rosal puideron disfrutar do último partido na casa da tempada 2016/17.

Destacar que antes do pitido inicial os xogadores do primeiro equipo fixeron o “pasillo de honra” aos campións da Copa Federación, adestrados por Jimy Fernández.

O equipo “A” da vila enfrontábase o pasado sábado 29 de abril ao Servi-Auto Bueu, rematando o partido con vitoria local por 29 a 21 goles.

Os homes de Ismael Martínez, comandados polo “pichichi” Iago Flores, autor de 7 goles (125 en total) e por Miguel Trigo (tamén, 7 goles) dominaron de principio a fin o encontro, chegando ao descanso cun cómodo marcador de 17-8.

Con esta vitoria e a falta dun partido para o remate da Liga, o Acanor Atlético Novás atópase na 4ª posición da táboa por detrás do líder Calvo Xiria, o Porriño e o Lalín.

Este sábado 6 de maio (19:00 horas) o conxunto rosaleiro enfróntase, pois, en Redondela, ao S.A.R. Plastic Omnium no derradeiro partido da tempada ligueira 2016/17. 

« de 5 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.