Inauguración ACOR O Rosal 2016 (3)

O venres 10 de xuño inaugurouse a nova sede da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), que estará situada, de aquí en diante, no primeiro piso do edificio da antiga Cámara Agraria da vila, xunto ao Xulgado de Paz.

Inauguración ACOR O Rosal 2016 (1)
Jesús María Fernández Portela, alcalde do Rosal, durante a súa intervención

Autoridades e directiva de ACOR, antes do acto inaugural, aproveitaron para visitar o Centro Etnográfico “Casa dos Oficios do Rosal” (sección do Cabaqueiro), que está na pranta baixa, quedando admirados da historia e singularidades do traballo dos nosos mestres telleiros.

Inauguración ACOR O Rosal 2016 (4)

Deu a benvida o alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, quen estivo acompañado pola tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso. O recén elixido presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), Pablo Álvarez Alonso, agradeceu ao concello esta cesión de instalacións, facendo así mesmo, un chamamento á colaboración e ao “non esquecemento” tanto por parte da Cámara de Comercio de Tui (representada polo seu secretario, Javier Pérez Alves e o seu presidente, Gumersindo Alonso Gestoso) e da Confederación de Empresarios de Pontevedra, representada polo seu secretario xeral, Medardo Arias.

Inauguración ACOR O Rosal 2016 (2)
Pablo Álvarez Alonso, presidente de ACOR

Entre os asistentes a esta inauguración da nova sede de ACOR tamén estiveron a súa tesoureira Rocío Lomba Alfonso, a comerciante da vila, Victoria Fernández, así como o xuíz de Paz, Cástor Rodríguez González. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.