Mié. May 18th, 2022
andrea-e-alba-dapena
Fotos: Club Balonmano Porriño

As irmás rosaleiras Andrea e Alba Dapena, xogadoras de balonmán do Godoy Maceira Porriño, enfróntanse este sábado 22 de outubro en A Guarda ao seu ex-equipo, na sexta xornada da División de Honor Feminina (DHF), a máxima categoría do balonmán nacional.

clasificacion-mecalia-atletico-guardes-balonmano

O Mecalia Atlético Guardés e o Godoy Maceira Porriño disputan, como dicimos, este sábado en A Sangriña (18:30 horas, TVG2) un dos derbis máis apaixonantes dos últimos anos, pois ambos equipos están invictos no máis alto da clasificación despois de cinco xornadas.

andrea-e-alba-dapena-porrino-guardes-3

Andrea e Alba Dapena escolleron a fermosa área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón) para a gravación dun spot promocional, dentro da campaña #TemosOPoder, da Federación Galega de Balonmán.

andrea-e-alba-dapena-porrino-guardes-4

Segundo afirma Andrea Dapena (29-5-1985), “xogar as semifinais da Copa da Raíña coa miña irmá foi un soño feito realidade”. Pola súa banda, Alba Dapena (18-1-1991) recoñece que “o meu mellor recordo foi ascender á máxima categoría coa miña irmá”. As rosaleiras que fan seu tamén o outro lema de #OPoderdaFamilia, suman 8 tempadas compartindo equipo (3 no Porriño e 5 no Guardés).

andrea-e-alba-dapena-porrino-guardes-6

A Guarda acollerá pois, un partidazo dos dous representantes galegos da División de Honor (Liga Loterías de Balonmano Femenino), que comparten liderato co potente conxunto do Bera Bera. Velaquí vos deixamos o VÍDEO promocional (#OPoderdaFamilia #TemosOPoder)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies