Música tradicional e jazz para por punto e final á programación de verán do Rosal. Segundo informa o Concello, “Os Folieiros actuarán este xoves 27 de agosto na Capela de San Vicente e Xacome Martínez Antelo Trío o venres 28 no lateral da Igrexa das Eiras”.

“O xoves 27 a música tradicional chegará da man do grupo Os Folieiros, da que todos os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar a partir das 21.00 horas na Capela de San Vicente de Marzán. Mentres, pola súa banda, o venres 28 Xacobe Martínez Antelo Trío fará soar jazz galego de primeira liña, sen límites e sen complexos a partir das 21.00 horas no lateral da Igrexa das Eiras. Saxofón tenor, contrabaixo e batería para vivir a tradición jazzística con este trío renovado.

Nestas dúas actuacións a entrada será de balde e libre ata completar aforo. Os concertos forman parte dunha programación de verán ao aire libre pola que apostou o Concello do Rosal, achegando actividades de rúa para todos os públicos e en pequeno formato aos distintos barrios”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.