pepe-berdeal-o-rosal

O sábado 5 de novembro de 2016 cúmprese o primeiro aniversario da morte do noso querido e lembrado veciño, José Martínez González, máis coñecido por “Pepiño Berdeal”.

A igrexa parroquial de Santa Mariña acollerá, precisamente este sábado (11:00 horas) unha misa pola súa alma. Pepe foi, lembramos, “funcionario (dos que, en verdade, funcionan) do Concello do Rosal durante 50 anos (dende 1956 a 2006)“.

¡Dende Noticias O Rosal, que saibas que non te esquecemos! ¡Graciñas unha vez máis por todo e unha forte aperta, Pepe!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.