Fotos: Club Balonmano Porriño

As irmás rosaleiras Andrea e Alba Dapena, xogadoras de balonmán do Godoy Maceira Porriño, da División de Honor Feminina-Liga Loterías (máxima categoría do handball feminino nacional) veñen de conseguir co seu equipo a vitoria en Xixón o pasado sábado 25 de febreiro.

O resultado final (Mavi Gijón 22 – Godoy Maceira Porriño 25) serviu, segundo se pode ler na web do equipo porriñés, para “recuperar sensaciones ante un rival muy duro, tras una primera parte igualada, (12-11 al descanso)”. A clave foi o “aumento del ritmo defensivo y las rápidas transiciones, que sacó de ritmo al Mavi Gijón”.

Andrea conseguiu materializar 2 goles, por 1 tanto da súa irmá pequena, Alba. O seguinte partido para as deportistas rosaleiras será contra o BM Base Villaverde o vindeiro sábado 4 de marzo, ás 18:00 horas, no pavillón municipal do Porriño.

O Godoy Maceira Porriño atópase na actualidade na 6ª posición da táboa clasificatoria, empatado a puntos co 5º e a tan só tres do 4º clasificado, o Zuazo. Pola súa banda, o veciño Mecalia Atlético Guardés está no segundo posto a 2 puntos do líder, o potente Bera Bera.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa para Andrea e Alba!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.