O recoñecido grupo vigués América será o cabeza de cartel das Festas do Pilar e do Cabaqueiro que terán lugar na céntrica Praza do Calvario (O Rosal) os días 11, 12 e 13 de outubro de 2018.
Precisamente será América a encargada de “inaugurar” o xoves 11 de outubro os tradicionais festexos rosaleiros cunha verbena por todo o alto.

O venres 12, de mañá, misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. Pola tarde celebración da Festa en lembranza e homenaxe aos Cabaqueiros (con demostración de facer tellas e ladrillos en directo) e a continuación concerto da nosa Agrupación Musical do Rosal.

Xa o sábado 13, actuación do máis que simpático grupo De Vacas a partir das 21:30 horas.

A pregoeira destas Festas do Pilar e do Cabaqueiro 2018 será Alia Vázquez Martínez, historiadora natural de A Guarda, licenciada en Historia da Arte e Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela.
