O sábado 14 de xaneiro tivo lugar no pavillón municipal do Rosal o último partido da primeira volta da Liga para o Acanor Atlético Novás.
O equipo rosaleiro enfrontábase ao S.A.R. Plastic Omnium na 14ª xornada do grupo A da Primeira Nacional, volvendo á senda da vitoria diante da súa afección por un marcador de 29 a 20 goles.
Mistura de sensacións e sentimentos, xa que este partido foi o da despedida do central Nico López Rey, que fichou polo Liberbank Ciudad Encantada de Cuenca (Asobal) e o do regreso de Roberto Rodríguez “Harris” ás pistas despois de máis de 8 meses lesionado.

Os homes de Ismael Martínez realizaron un bo partido, comandados polo “capi” Manu Martínez, autor de 6 goles, ben secundado polo pivote Iago Fores (5) e o extremo dereito Germán Hermida (5).
Este vindeiro sábado 21 de xaneiro, o Acanor Atlético Novás, a tan só 2 puntos do 3º posto, mídese de novo en O Rosal (20:00 horas) ao Luceros.
Velaquí vos deixamos o enlace ás fotos de Óscar Rodríguez Castro e ás imaxes de J.R: