O pavillón municipal do Rosal acolleu o pasado sábado 10 de decembro o “Clásico” de Primeira Nacional do Grupo A, entre o anfitrión Acanor Novás e o visitante Rodosa Chapela.

No debut oficial do novo adestrador do club rosaleiro, Ismael Martínez, o equipo “o deu todo” pero terminou por sucumbir (23-24) diante da escuadra dos ex xogadores do Novás, Adrián Freiría e os rosaleiros “rusos” Sergey e Alex Tsybanev.

Con esta derrota o Acanor Atlético Novás (19 puntos) sitúase na 4ª praza da clasificación, por detrás do líder invicto Calvo Xiria (26 puntos), o BM Lalín (22 puntos) e o Chapela (20 puntos).

GOLEADORES | “Estes son os goleadores do Acanor Atlético Novás cando se cumpren trece xornadas”.
▶ Nicolás López Rey 68g
▶ Iago Flores 55g
▶ Rubén Figueirido 38g
▶ Manu Martínez 37g
▶ Miguel Sío 35g
▶ Miguel Trigo 31g
▶ Dani Pintus 30g
▶ Germán Hermida 17g
▶ Yago Alonso 15g
▶ Isma Rodríguez 12g
▶ César Armán 11g
▶ Ramón Suárez 8g
▶ Carlos Rodríguez 7g
▶ Jorge Teixeira 1g

Este sábado 17 de decembro os homes de Ismael Martínez viaxarán ata Bueu para enfrontarse ao Servi-Auto Bueu (6º clasificado) no último partido deste ano 2016, onde buscarán resarcirse cunha -oxalá- balsámica vitoria.

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe do Novás-Chapela, realizada polos fotógrafos de Noticias O Rosal, Ismael Pacheco e Óscar Rodríguez

« de 9 »

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.