O Acanor Atlético Novás non deu opción ao Calmear Rasoeiro en O Rosal e rematou vencendo por un cómodo marcador de 38 a 27 goles.

Con 18-12 para os rosaleiros se chegou ao descanso. Os homes de Ismael Martínez, cuns “enchufados” Iago Flores e Yago Alonso (7 tantos cada un), xunto con Germán Hermida e o “capi” Manu Martínez (6 goles cada un) fixeron disfrutar aos afeccionados que asistiron ao Pavillón Municipal.

Destacar deste Novás-Rasoeiro o esforzo colectivo en defensa e ataque e por suposto, ao xuvenil Manu Dorna “quen firmou o seu primeiro gol na categoría”. O club que preside Andrés Senra xa pensa no crucial partido este sábado 18 de marzo en Carballo fronte ao líder Calvo Xiria.

Así está a táboa de máximos goleadores do club rosaleiro, comandada polo “pichichi” Iago Flores: 

▶Iago Flores 90g
▶Nicolás López 79g
▶Manu Martínez 77g
▶Germán Hermida 74g
▶Miguel Trigo 52g
▶Rubén Figueirido 43g
▶Dani Pintus 42g
▶Yago Alonso 44g
▶Miguel Sío 37g
▶César Armán 33g
▶Roberto “Harris” 18g
▶Isma Rodríguez 14g
▶Carlos Rodríguez 13g
▶Ramón Suárez 12g
▶Seufyann Sayad 2g
▶Jorge Teixeira e Manu Dorna 1g

Velaquí vos deixamos o enlace á reportaxe do noso fotógrafo colaborador Óscar Rodríguez e ás demais imaxes deste encontro.

« de 4 »

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.