O Rosal volveu a ser un verdadeiro “fortín” e o Acanor Atlético Novás de balonmán conseguiu o pasado venres 28 de outubro unha nova vitoria no grupo A da Liga de Primeira Nacional.
Tras vencer ao Granitos Ibéricos BM Carballal por 29 a 24 goles, os homes de José Ramón Muñoz “Jota” seguen invictos, con paso firme, na segunda posición, tras o líder, Balonmán Xiria, que conta por triunfos todos os seus partidos.
Destacar do encontro a presenza de Adrián Lomba, ex-xogador do Novás, no combinado visitante, que se encontrou na pista con algúns dos seus antigos compañeiros e amigos.
Este sábado 5 de novembro (20:00 h.), o Acanor Atlético Novás desprázase a O Grove, onde xogará na pista do BM Rasoeiro, buscando traer un bo resultado para O Rosal. ¡Moita sorte!

Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica de Ismael Pacheco, Óscar Rodríguez “Figura” e J.R.