O Acanor Atlético Novás xoga este sábado 13 de febreiro (18:00 horas) no pavillón municipal do Rosal, fronte ao penúltimo clasificado, o Balonmán Artabro, en partido correspondente á xornada 19.

Tal e como se pode ler nas redes sociais do club da vila que preside Andrés Senra “tras dúas semanas consecutivas con desprazamentos e as súas respectivas vitorias regresa o balonmán de Primeira Nacional a O Rosal, xusto antes de meterse de cheo no tramo máis complicado da competición (Calvo Xiria, Balonmán Luceros e Construcciones Castro Chapela)”.

O Acanor volve a amosar a súa cara máis solidaria abrindo as portas á asociación sen ánimo de lucro Conrazones, que colabora coas familias máis necesitadas do Baixo Miño. Entregando o teu kilo de alimentos estarás colaborando cunha boa causa e ademais recibirás unha entrada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.