O Acanor Atlético Novás, tras a súa vitoria en Lalín (19-26), remata finalmente como terceiro clasificado do seu grupo na Primeira Nacional, ademais de ser a “mellor defensa da categoría (cunha espectacular media de 20,5 goles encaixados por encontro), e como equipo con mellor diferencia de goles (+273)”.
Segundo se afirma dende o club que preside Andrés Senra, “ofensivamente fomos os terceiros que máis veces perforamos a portería rival. Aínda así non foi suficiente, e por dous puntos non estaremos no sorteo de grupos para os sectores que se celebra en Madrid”.
Pola súa banda, o máximo goleador do equipo foi a nova fichaxe, Miguel Sío (ex do BM Chapela), quen tras a baixa por lesión de Roberto Rodríguez “Harris”, comandou o “pichichi” nas últimas semanas.
